Onte tiven un día moi atarefado.
Pola mañá tivemos reunión no cole os profes de 1º e pola tarde tiven que ir ó médico a Coruña.
Á saída do médico fixen unha cousa que me apetecía moitísmo: entrar nunha libraría e, con moito tino, ver libro novos. Que alegría!! Merquei tres que me acompañarán estes días.
Falando diso estou contentíiiisima de ver que vós tamén ledes e, cada vez vos ides interesando máis pola lectura. Que ben o pasabamos na lectura do conto da mañá. Que momento tan máxico se producía cando, todas e todos caladiños, seguíndome coa mirada, xuntos nos mergullabamos nun libro.
TEÑO MORRIÑA DESES MOMENTOS, QUE VOLTARÁN!!
Onte non vos contei dos gatiños: están grandes e máis xoguetóns e independentes, moi prontiño un irá para unha nova casa.
Gustouvos Supercastiñeira? espero que vos rirades moito con ela e as outras Superheroínas, pero sen esquecer que somos necesarios todos os Superheroes e Superheroínas para salvar o Planeta. Clica na imaxe para ver o vídeo.
Comentarios
Publicar un comentario