15 XUÑO. BEA

Ola a todas e todos!!
Esta fin de semana foi a última antes de que remate a escola. 
Eu estiven na casa. Tocaba festa onde vivo. Foi a festa de San Antonio. Unha festa sen baile, churrasco, orquesta... pero coa familia, que é o importante.
Comimos torta de cenoria, CARROT CAKE en inglés. Encántame esta torta! 

Os gatiños marcharon para unha nova casa e dinme de conta que non vos presentara a LÍA.
LÍA é unha gata persa que collín fai 12 anos en Vilagarcía, cando traballaba na Illa de Arousa.
É unha gata persa, moi boa e independiente. A semana pasada foi a perruquería e agora está co pelo cortiño.

Espero que teñades unha moi boa semana!!

Comentarios