18 XUÑO. BEA

Nun paseo preto de casa atopei esta flor. 
É unha flor de cor lila, pequeniña, silvestre e redondiña. Nunca me fixara nelas e despois de fixarme nesta atopei máis. 
Pareceume preciosa!!


Tamén, o outro día posouse na roupa unha bolboreta grande, impresionante e ben orixinal. 

Lembrade ir sempre con ollos e as orellas ben abertas, para percibir todo o que sucede ó voso redor!!
Que teñades un moi bo día!!


Comentarios