Hai uns días atopei un debuxo na internet que me encantou, é este:
Non coñezo o autor ou autora pero fíxome pensar e transportoume a un conto que compartimos na clase, SEIS REINOS de José Carlos Román e Mar Azabal da editorial BOOKOLIA. Un conto no que descubrimos unha historia de pensar, como vos digo sempre.
Unha familia que vive nun país onde todo é gris, un día chega a eles un papaventos vermello do outro lado do muro e deciden marchar en busca dun lugar mellor...lembrades?
Un conto moi necesario hoxe en día.
Clicando no libro podedes ver algunhas páxinas que pon á disposición de todos a editorial.
Comentarios
Publicar un comentario