11 XUÑO. BEA

Ola a todas e todos!!
Onte, na miña casa, a gata ( a nai de Rayitas e Copito de nieve) cazou un paxariño novo. Ela é moi boa nai porque aprende ós seus fillos a valerse por sí mesmos pero, os meus fillos viron o paxariño e quitáronllo. Era unha cría de gorrión. Estaba só un pouquiño mancado e moi asustado e déronlle de comer, beber e moitos mimiños.
Martín, o meu fillo maior, meteuno no peto da camiseta e coidouno moito. 
Cara ó final de tarde xa mellorara e escapou, escondeuse baixo un arbusto. Martín observouno na distancia e viu como a nai lle levaba de comer. VOLTOU COA SÚA FAMILIA!!

LEMBRADE COIDAR O MEDIO AMBIENTE, ISO NOS RECORDA O CORAZON VERDE 💚.
EN EUROPA XA DESAPARECERON MÁIS DA METADE DOS GORRIÓNS!!

Comentarios