29 MAIO. BEA

Onte pasei á mañá no cole, na nosa clase.
Foi a primeira vez que fun desde que nos despedimos, alá polo mes de marzo.
Unha fada madriña, con forma de muller da limpeza, regounos as prantas e están vivas e as pequeniñas agardando a que as plantemos.
O millo desapareceu. Non sei se entraron ratiños, esquíos ou paxariños nestes meses. Xa non temos para facer outra torta de millo pero, por certo, é agora o tempo de sementalo. Así que se vos animades sementade e en outubro compartímolo no cole con outro biscoito.

Trouxen para casa ese libro que tanto vos gustaba: "El libro de los hechizos" de Cecilia Pisos da editorial ANAYA.

E como facía sempre, pregúntovos: Cal lemos hoxe? pero... non estades...  escollo eu.
Como vexo que ides tanto á praia estes días vouvos ler: "Hechizo para nadar como un pez"

DICÍDEME SE FUNCIONOU!!


Comentarios