26 MAIO. BEA

Onte voltei, con moito coidado, a ver ós merlos no seu niño.
Medraron moitísimo!!.
Atopei un poema de Manuel María titulado "O Merlo" publicado no seu libro "Soños na gaiola" que di así:

O señor Merlo larpeiro
na ponla mais alta está.
Está subido á cerdeira
e, dela, non baixará!

Está come que te come,
non ten trazas de parar.
O serñor Merlo larpeiro
sen cereixas nos ha deixar!

Estes pequechos, este ano non, pero para a próxima primavera seguro que andarán polas miñas cerdeiras comendo as nosas cereixas!



Comentarios