18 MAIO. BEA

Estes gatiños medran moi rápido!!.
Esta semana saíron por primeira vez da caixa  sen axuda, comezaron a xogar entre eles, comeron pienso e pisaron a herba por primeira vez.
Están moi bonitiños e simpáticos.



E nós nesta semana pasada tamén fixemos moitas cousas por primeira vez, dende hai dous meses, como ver a amigos e familiares.
Eu, por exemplo, fun ó supermercado e a Coruña e vin o mar!!
Unha semana de primeiras veces!!
Ogallá teñades moitas e bonitas, imos por outra semana a ver que nos trae!!


Comentarios