15 MAIO. BEA

Nos paseos e ó redor de casa hai moitos DENTES DE LEÓN. 
O Dente de león é unha pranta herbácea cunhas follas verdes alongadas e con moitos picos ou dentes (coma os do león).
 A súa flor é amarela e cando se marchita transfórmase nunha nube redondiña e algodonosa, chea de sementes.
Ós meus fillos e a min gústanos coller unha, pechar os ollos e soprar para pedir un desexo. Se cando os abres non queda ningunha semente prendida o teu desexo pode facerse realidade.
E vós que desexo pediriades?




Comentarios