Onte non sairon pastar as vacas que vos quería amosar pero mirade a primeira Pasiflora ou Flor da Pasión que saiu na miña casa.
Non vos parece preciosa?
Ten moitísimos detalles e cores e ule fenomenal!
É unha planta trepadora, sube pola rede da miña casa, e agárrase cuns "zarcillos" que son como dedos máxicos.
Os zarcillos, cando detectan a rede, enróscanse sobre ela e así a planta mantense suxeita.
Comentarios
Publicar un comentario