Onte non fun de paseo porque recibín a visita dos meus irmáns. Imaxino que algún de vós tamén tivo esa sorte. Espero que o disfrutáredes moito!
Prometéralle a Icía que lle ía a amosar as vacas que hai onde eu vivo, que son moitas. Hai máis vacas que nenos e case que persoas na aldea!!
As que vedes na fotos son vacas Rubias Galegas, hai máis de 20 e saen pastar a un prado que hai debaixo da miña casa.
Mañá ensínovos as que pastan no pasto que hai a esquerda da miña casa, son outra raza distinta. Cal será?
Comentarios
Publicar un comentario