11 MAIO. BEA

Comezamos unha nova semana cos gatiños vendo como medran. Xa son capaces de saír da caixa onde os tivo a súa nai. Onte, domingo fixeron 1 mes.

A partir de agora comezarán novas aventuras, correr tras bolboretasxogar coas herbas, xogar un co outro a pillarse o rabo... Comeza unha etapa moi divertida.
Eles medran e vós tamén, así que a partir de agora o blogue vai a estar escrito en minúsculas e maiúsculas.

"Abride ben os ollos,
afinade as vosas orellas,
tocade coas vosas mans,
ulide co voso nariz
e correde con pés lixeiros".
Estade ben atentos ó mundo que tendes ó voso redor, igual que facía Sabela e fan os gatiños. Non perdades a curiosidade e gañas de aprender!!

Espero que teñades moi boa semana!!




Comentarios