XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS

A actividade do blogue durante as vindeiras semanas será a de servir de fiestra onde asomarnos para ver como estamos e o que facemos todos os que formamos a clase Arco da Vella, 1ºB do CEIP Francisco Vales Villamarín.
Para participar tedes que escribir do voso puño e letra un pequeno texto contando o que queredes que publique: unha receita que fixéstedes na casa, un crebacabezas que rematáchedes, un debuxo, unha flor que medrou, un paxariño que pasou, a xungla de dinosaurios que montástedes, a cidade de Lego que diseñáchedes, a canción que atopáchedes hoxe, como vos sentides...  Eu transcribirei o voso texto para que todos o poidan ler, podedes adxuntar tamén unha foto (sen que aparezan as vosas caras mellor pero deixo a decisión ós vosos pais e nais).
O texto podedes enviarmo, a través dunha foto o meu correo, ben escrito e ben presentado.
O obxectivo é seguir en contacto, axudar a facer máis levadeira esta situación, compartir e  motivar ás nenas e nenos a escribir e ler . Escribir para contar e compartir e ler para saber dos demáis.


Comentarios